Skip to main content
Guitiriz

Éxito de participación na segunda andaina do Guitiriz en ruta

Por 30 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A ruta do Muíño da Ruxida, celebrada onte, domingo 29 de xaneiro, reuníu a un total de 40 participantes, coa asistencia da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.

O tempo acompañou, cun día frío e soleado, para levar a cabo esta camiñata circular de 12 quilómetros polo monte de Parga, con saída e volta en Parga, chegando á fervenza e ao muíño da Ruxida, que ofreceu aos participantes unha estampa espectacular.

A seguinte saída do programa Guitiriz en Ruta terá lugar o domingo 26 de febreiro e será no río Trimaz, en Xermade.