Skip to main content
Axenda CaducadaMuras

Muras contará este xoves cunha Tarde de Reis

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras repetirá este ano a tradicional festa de Reis, que terá lugar este xoves, 5 de xaneiro a partir das 17.00 horas.

A tarde dará comezará cun contacontos a cargo de Cris de Caldas, na Casa do Médico. Unha hora máis tarde chegarán os grandes protagonistas da xornada, os Reis Magos, que estarán lo local social para compartir cos máis pequenos e recibir as súas peticións.

Rematará a tarde cunha chocolatada, ás 18.30 horas.

Novamente Atila, Amigos dos Cabalos colabora co Concello na organización deste evento infantil.