Skip to main content
Muras

O popular Pedro Rollán visita unha explotación gandeira de Muras

Por 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do Partido Popular, Pedro Rollán, alerta da difícil situación do sector gandeiro polo prezo dos fertilizantes, os pensos, o combustible e a desprotección dos gandeiros ante o lobo na visita que realizou onte a unha explotación gandeira de Muras xunto á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, gandeiros e representantes do PP na provincia.

Lembra que se Sánchez quere que o PP apoie o decreto anticrise do Goberno debe aplicar a baixada do IVE á carne, o peixe e as conservas porque “para as familias chegar a fin de mes é un auténtico suplicio”.

Denuncia a medida “sectaria e ideolóxica e sen ningún tipo de informe” adoptada polo Goberno que inclúe ao lobo na lista Lespre pasando a ser “un animal intocable” e situando aos gandeiros nunha situación de “extrema vulnerabilidade e indefensión e ao bordo da extinción”

“Os ataques dos lobos están a poñer en perigo a viabilidade das explotacións gandeiras”, incide Rollán, quen destaca a “dubidosa credibilidade” dos datos que o Goberno remitiu a Europa.

Defende que, dada a súa proximidade, experiencia, coñecemento e posibilidade de axilidade administrativa, as CCAA poidan ter a capacidade de determinar de que maneira queren efectuar o control de poboación do lobo.

“En Galicia, a única administración que está a defender os intereses dos gandeiros é a Xunta” incide o vicesecretario do PP para lembrar que o Executivo tiña que transferir ao Goberno autonómico algo máis 4,3 millóns de euros.

ÁNGELES VÁZQUEZ

A responsable de Medio Ambiente no Goberno galego e membro da Xunta Directiva nacional do Partido Popular, Ángeles Vázquez, que tamén participou na visita, defende a necesidade de loitar “polo equilibrio e a sustentabilidade” #ante o descenso no número de explotacións gandeiras e o incremento das mandas de lobo.

Critica que o Goberno central teña incluído ao lobo na lista de especies de especial protección “a pesar das 1.700 firmas en contra recollidas polo sector en Galicia, a pesar das numerosas alegacións, pese ao voto en contra das comunidades autónomas con maior presenza do lobo e sen contar con ningún estudo científico que avale a decisión”.

“Desde o PP non estamos en contra da protección do lobo, pero si estamos a favor da protección dos nosos gandeiros”, remarca.

A responsable autonómica de Medio Ambiente concluíu poñendo en valor o traballo feito desde Galicia á hora de conceder axudas aos gandeiros para aplicar medidas de protección #ante o lobo e de conservación desta especie presente en máis do 90% do territorio: “Seguiremos loitando para que a xente do rural poida seguir coidando estes espazos que fan de Galicia unha das comunidades máis sostibles”

PAULA PRADO

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, reivindica o “apoio serio, rigoroso e con feitos” da súa formación ao rural poñendo en valor medidas como o impostos cero no rural, cásalas niño, as casas do maior, a Lei de recuperación e posta en valor das terras agrarias ou as axudas para a incorporación da mocidade á actividade agraria.

“O PP leva o rural no seu ADN e por iso sempre estaremos xunto á xente do rural e xunto ao sector gandeiro, mantendo o noso compromiso con eles e falando dos seus problemas reais”, afirma.

Paula Prado critica que BNG e PSdeG “digan uns días que apoian ao rural e ao día seguinte estean detrás da pancarta dun ecoloxismo radical e falso”, polo que lles insta a facer unha política “seria”.

Paula Prado quixo aproveitar esta visita tamén para mostrar o seu apoio á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, da que afirmou que “é un exemplo do traballo das mulleres rurais e do apoio do PP ao rural galego”.