Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Empate no concurso e decoración de fachadas de Outeiro de Rei

Por 7 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei da a coñecer a relación de premiados do primeiro concurso de decoración de Nadal de fachadas e xardíns de Outeiro de Rei.

Tralas deliberacións realizadas polo xurado, obtívose un empate de puntuacións entre os solicitantes Abel Vélez Lozano e Manuel Cobas Gómez, polas decoracións navideñas das súas casas e contorna das mesmas localizadas ambas na parroquia de Sobrada.

O xurado acordou que o empate se solucionará por sorteo o día de entrega dos premios; estes solicitante compiten por obter o primeiro ou segundo premio do concurso (dotados con 150 euros e 100 euros respectivamente).ç

O terceiro premio, dotado con 50 euros, foi para Francisca Prieto López pola decoración realizada na súa casa de Guillar.