Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Presentan en Outeiro de Rei un caderno sobre símbolos nacionais galegos

Por 19 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O caderno Símbolos nacionais de Galiza, o himno e a bandeira, publicación promovida por Vía Galega (Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza), e escrita por Manuel Ferreiro e Xoán Costa, será presentado este sábado, día 21 de xaneiro, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.

No acto, os autores do caderno, o catedrático da Universidade da Coruña e investigador da obra de Eduardo Pondal, o chairego (natural de Saavedra (Begonte)) Manuel Ferreiro, e o profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da orixe da bandeira galega, Xoán Costas, farán un relatorio sobre os símbolos do himno e da bandeira do noso país, para dar a coñecer a súa historia e o seu significado.

Exemplar de agasallo

As persoas asistentes poderán levar, de balde, cadanseu exemplar desta publicación sobre a bandeira e o himno galego coa letra restituída de acordo co texto orixinal de Eduardo Pondal, concibidos como símbolos de identidade colectiva de pertenza a unha nación, que nos recoñecen como galegos e galegas.