Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei dá a coñecer os gañadores do certame de poesía da biblioteca

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei da a coñecer a relación de gañadores do Certame de Poesía Infantil de Nadal 2022 na fase local do concurso, que pasan a participar na fase provincial deste concurso.

Na categoría A, ata 8 anos, gañou Dafne Peña Piñeiro (7 anos), seguida de Martín Carreira Freire (6 anos) e Lara Morandeira Vázquez (8 anos). Ademais, concedéronse accésits a Ainara Rodríguez Cortés (8 anos) e Martín Fernández Rifón (6 anos).

Na categoría  B (de 9 a 11 anos) o vencedor foi Daniel Mera Cambiazo (10 anos), acompañado de Claudia Carreira Freire (10 anos) e Gema Rey González (11 anos). Tamén houbo accésits para Elías Derrar Álvarez (9 anos) e Daniel Gómez Tirado (9 anos).