Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Últimos días para anotarse ás XI xornadas de seguridade na moto de Outeiro de Rei

Por 28 Xaneiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

O sábado 18 de febreiro o motoclub Lóstregos-Lvcvs organiza as IX Xornadas Galegas de seguridade en moto, en colaboración coa DXT, a Garda Civil de Tráfico, a Cruz Vermella de Lugo, a AGMG (Asociación de grupos moteiros Galegos) e outras organizacións implicadas na seguridade dos motoristas.

As xornadas están dirixidas a todos os motoristas galegos, “un colectivo moi necesitado de reflexionar sobre a seguridade viaria, debido a que no que vai de ano xa houbo 59 vítimas en accidentes de motocicleta e trece delas faleceron”, indican dende a organización.

Como nestes últimos anos as xornadas realizaranse no concello de Outeiro de Rei, que cede as súas instalacións.

Os motoristas interesados en asistir ás mesmas poden formalizar a súa inscrición no teléfono 619 987 809. O prazo de inscrición termina esta fin de semana.

PROGRAMA

Este ano contarán nunha sesión con Javier Mañá, que explicará o sistema de condución roadcraft, que utiliza a policía inglesa para realizar persecucións en motocicleta. Así mesmo, Francisco de MM Racing amosará a importancia que na seguridade teñen as amortiguaciones e como aprender a regulalas.

Ademais, o blogueiro e especialista en seguridade viaria en moto @PoluxCrivillé afondará sobre os sistemas de protección para a moto. e o sarxento Daniel Castelo disertará sobre as consecuencias morais e legais dun accidente desde o punto de vista da concienciación.

Por outra banda, Alejandro Rancho, da Fundación Avata de axuda ao accidentado, explicará que facer en caso de accidente.

Como complemento, o Subsector de Tráfico de Lugo, en colaboración coa Cruz Vermella, realizará un simulacro de accidente encamiñado a mostrar os protocolos de actuación en caso de accidente.