Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A Regueira, na Pastoriza, estará de festa dous sábados seguidos

Por 9 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A parroquia da Regueira, na Pastoriza, celebrará este mes as súas festas na honra a San Vicente que se desenvovlerán en dúas fins de semana.

Así, o día 14, sábado terá lugar unha comida veciñal na que haberá sesión vermú y verbena a cargo de Los Adrianos.

O sábado 21 será a propia xornada festiva con misa solemne ao mediodía seguida de sesión vermú a cargo de DJ’Francis. Será este mesmo o encargado da verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.