Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Inma Purriños expón a súa mostra sobre o cancro na Pastoriza

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Casa da Cultura da Pastoriza acolle  unha mostra exposición de Inma Purriños e a asociación Somos Unidos por el Cáncer.

Nela amósase a través de 17 fotografías a presenza do cancro de peito no tempo dunha muller, Rosana Roca. O coñecemento do feito, a loita, a recuperación, a nova vida… son algunhas das fases que se plasman estas imaxes que poden verse nesta mostra ata o 23 de febreiro.

A exposición xa estivo en varios centros culturais como o Vello Cárcere de Lugo.