Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

O CIN de Bretoña retoma en febreiro as súas actividades

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Despois dun 2022 onde o CIN de Bretoña realizou unha gran cantidade de actividades para nenos e adultos, en febreiro retomarán o programa con novas propostas.

Co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio natural e cultural do concello da Pastoriza realizarán unha nova edición de Camiñamos xuntos. Neste caso percorrerán algúns dos puntos da parroquia de Baltar, realizando o 5 de febreiro unha ruta de 8 km que ten como parada estrela o castro de Saa. Algúns dos tramos coinciden coa ruta de Augas de Fonmiñá, que une a lagoa de Fonmiñá coa praia fluvial de Baltar. A saída terá lugar ás 11:00 da Praia Fluvial de Baltar (Área Recreativa A Riboira).

Completará a oferta de actividades un taller pensado para nenos e nenas a partir dos 6 anos. Baixo o nome de Quen sabe máis?, realizarán o 26 de febreiro a partir das 11:30 unha serie de concursos (trivial e rosco de palabras) centrado na historia, a cultura e a arte.

Ambas actividades son gratuítas pero é necesario inscribirse. Pódese facer a través dalgunha das súas redes sociais (CIN Bretoña en Facebook e cinbritonia en Instagram), escribindo á súa mail (cinbretona@gmail.com), chamando ao seu número de teléfono (636 836 250) ou no mesmo centro (situado no centro de Bretoña, xunto á praza principal).

O centro está aberto de 11:00 a 19:00 de venres a luns, con opción a visita guiada as súas salas expositivas.