Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

A parroquia pontesa de Pontoibo estará de festa a próxima fin de semana

Por 17 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A parroquia pontesa de Pontoibo celebrará a próxima fin de semana as súas festas patronais, na honra a San Vicente que se desenvolverán entre o sábado e o domingo.

O 21 o comezarán as celebracións coa misa solemne, ás 13.00 horas, seguida da sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita, que repetirá á noite xunto á tamén orquestra Capitol.

O domingo 22 a misa será ás 12.00 horas e, a continuación, celebrarase a poxa tradicional de produtos do campo. Entre ás 15.00 e as 17.30 horas está prevista a actuación musical de Los Satélites.

Servirse paella de balde para todos os asistentes á sesión musical.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa climatizada.