Skip to main content
As Pontes

A central das Pontes prepárase para a posta en marcha do segundo dos grupos

Por 10 Xaneiro, 2023Xaneiro 11th, 2023Sin comentarios

Arrincan estes días os traballos para a posta a punto no segundo dos grupos dispoñibles para a produción enerxética na central térmica das Pontes.

As tarefas serán desenvoltas ao longo das próximas semanas tanto polo persoal propio da compañía como de operarios das empresas auxiliares. Está previsto que o grupo poida entrar en funcionamento xa durante o mes de febreiro.

Actualmente, dos catro grupos co que conta este complexo tan só pode funcionar un deles, o primeiro. Tanto o tres e o catro xa foi autorizado o seu peche por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica, mentres que o dous necesita un proceso de adaptación, ao cal se está sometendo.

É o grupo un o que de cando en vez activa a empresa, tal e como aconteceu no pasado mes de decembro. Ademais, estas mesmas fontes detallan que non está previsto que cheguen a funcionar ao mesmo tempo os grupos uno e dous desta central, ao estimar que non se dispón de persoal suficiente, tanto propio como de auxiliares, para esta conxuntura.

Por outra banda, o grupo uno deberá de ser sometido proximamente a unha nova revisión por horas de funcionamento, agardando realizar este traballo unha vez que o grupo dous estea plenamente dispoñible.

Desta forma, Endesa, que ten asinado coas súas empresas auxiliares contratos para seguir operando ata xuño deste mesmo ano, refórzase nas Pontes tras recibir, ademais, un novo envío de carbón. Foi o pasado 27 de decembro cando atracou no porto exterior de Ferrol un buque que transportaba nas súas adegas 160.000 toneladas de carbón.

Dous días máis tarde, o día 29, os transportistas iniciaron nos seus camións o traslado por estrada deste mineral en dirección á central térmica. Este barco foi o terceiro que atracou no últimos tres meses, o que supón un total acumulado de 485.000 toneladas de carbón, tras os 165.000 de mediados de outubro e os 160.000 toneladas de principios de novembro.