Skip to main content
As Pontes

Constrúen unha senda de acceso peonil ao lago das Pontes

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello constrúe no Lago das Pontes unha senda de acceso peonil, no espazo verde dentro da zona de servidume do lago, para mellorar as condicións de accesibilidade ao areal pontés.

As obras, cun orzamento de 48.354,09€ e financiadas con fondos propios, consisten na execución dunha senda, sobre a cuneta existente, mediante a instalación dunha lousa de formigón e pavimento de plástico reciclado.

A recollida das augas realizaranse mediante unhas gabias drenantes lonxitudinais a ambos lados da senda nas que se instalará un tubo de PVC ranurado envolto nun xeotextil que evite a súa obstrución.