Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Os Xoves na Biblio das Pontes continúan cun cabaret infantil

Por 17 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana co espectáculo Pequeno Cabaret infantil, de Nelson Quinteiro.

Un espectáculo para nenos e nenas que instala un vistoso teatriño a modo de unha barraca de feira antiga e no que o Mestre Pedrito Mendrugo e a súa pulga Jacinta farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiñ@s transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual e dende unha perspectiva de xénero que empodera ás súas protagonistas.

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.