Skip to main content
As Pontes

As Pontes renova o seu plan de transporte colectivo a polígonos industriais

Por 19 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O plan supuxo, no ano 2022, un aforro medio anual de case 3.000 euros para cada persoa usuaria.

O plan de transporte colectivo aos polígonos industriais, impulsado no ano 2015 polo Concello das Pontes, en colaboración coas diferentes empresas asentadas nos parques industriais, supón un importante aforro para as familias da vila

Ana Pena, concelleira de Industria e Emprego destaca que “fomos pioneiros na implantación dun servizo, renovado para o ano 2023, do que se benefician moitas familias na nosa vila e que, a día de hoxe, tendo en conta o alto prezo do combustible, supón un aforro para cada familia de case 3. 000 euros. Ademais moitas familias xa non teñen que asumir os gastos dun segundo vehículo, que en moitos casos, só necesitaban para desprazarse ao posto de traballo, co redución de gastos que implica”

Durante o ano 2022, realizáronse un total de 1.179 viaxes, seis diarias durante os días laborables e tres durante as fin de semana, que supuxeron un total de 7.848 traslados, dándolle cobertura aos horarios laborais de entrada e saída das diferentes empresas beneficiarias deste plan, por medio de diferentes rutas circulares que percorren toda a vila.

A concelleira resalta que entre as principais vantaxes deste plan de transporte destacan a redución do estres que provoca a condución,a diminución dos accidentes intinere así como redución do absentismo laboral, permitindo ao mesmo tempo facer un mellor usos dos espazos de aparcadoiro.

Ademais,o plan de transporte aos polígonos promovido polo Concello das Pontes, a través da concellería de Industria, supón unha redución anual das emisión de CO2 dun 7.100%, calculadas para o desprazamento de 50 persoas traballadoras.