Skip to main content
As Pontes

O cine de estrea continúa este mes nas Pontes

Por 21 Xaneiro, 2023Febreiro 2nd, 2023Sin comentarios

O cine de estrea continúa este mes de xaneiro nas Pontes. A programación contará este sábado 21 coa proxección, ás 17.00 horas, do filme Inspector Sun y la maldición de la viuda negra, que volverá a proxectarse o domingo, á mesma hora da primeira sesión.

Shanghái, 1934. Nun mundo de insectos paralelo ao dos humanos, o veterano Inspector Sun, unha araña solitaria, lidera a súa última misión contra a súa archienemigo Lagosta Vermella, antes de embarcarse nun merecido retiro. As súas vacacións a bordo dun avión Pan Am clipper entre Xangai e San Francisco acaban abruptamente cando o millonario Dr. Spindelthorp aparece asasinado. O que comeza como un caso rutineiro para Sun, decidirá finalmente o destino da humanidade.

O sábado, ás 19.30 e ás 22.00 horas será a quenda para a proxección do filme El peor vecino del mundo, que tamén se poderá ver o domingo, ás 19:30 horas.

Otto Anderson é un viúvo cascarrabias e moi obstinado. Cando unha alegre nova familia se muda á casa do lado, Otto atopa a horma do seu zapato na espabilada, e moi embarazada, Marisol, coa que establecerá unha moi improbable amizade que poñerá o seu mundo patas para arriba… Remake da película sueca A Man Called Ove de 2015

A última fin de semana de mes as películas que se proxectarán serán El pequeño Nicolás (sábado e domingo ás 17:00 horas) e Operación Fortune, el gran engaño para o público adulto (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas).

As entradas está á venda en neste enlace.