Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con Barriga Verde

Por 25 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana co espectáculo Güe-güe, de Barriga Verde

Nesta noite de lúa chea imos descubrir que é un güe-güe e, para iso, temos que atopar algo pequeno, realmente moi pequeno, e que teña moita imaxinación, como todas e todos vós. Mirade! a casa dunha nena, está a ler un libro e sinte que a súa cama é un barco amarelo que navega entre as estrelas do ceo…

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.