Skip to main content
As Pontes

Néstor Rego urxe no Congreso o concurso de transición xusta para As Pontes

Por 25 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que comece o concurso de transición xusta para a adxudicación dos nós de evacuación das Pontes e Meirama de forma “inmediata e urxente” .

Para iso rexistrou unha serie de iniciativas na Cámara Baixa nas que reclama tamén que se convoque a mesa de transición xusta das Pontes, con participación de todos os integrantes, incluída a REE. O nacionalista fai referencia a que o resto de integrantes da mesa levan reclamando esta acción ao Mitecodesde hai dous anos.

O BNG solicitou por outra banda a comparecencia da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para que informe sobre o concurso e a adxudicación do nó para As Pontes e Meirama.

O Bloque lembra que o peche da central térmica de Endesa nas Pontes provocará unha “grave crise industrial” nas comarcas de Eume, Ferrol e Ortegal que, segundo un estudo da Universidade da Coruña, pode destruír ata 1.400 postos de traballo.