Skip to main content
As Pontes

Adxudican obras en varios camiños rurais das Pontes

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes axudicou os traballos de reparación e mellora do firme nos camiños rurais de As Gañidoiras, O Vilar e Os Cadavás-Paipaz á empresa Francisco Gómez e Cía S.L.

As obras, cun orzamento de 134.944,51 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirán a rehabilitación superficial e estrutural destes viarios para dotalos dunha óptima calidade, aumentando a súa seguridade.

Entre os traballos previstos inclúese o varrido de superficie e limpeza de marxes e nos s entroncamentos con estradas existentes fresarase o firme existente. Por outra banda, naquelas zonas da estrada que se atopen deformadas realizarase unha regularización previa e nas zonas nas que aparezan fochancas con perda de material, repararanse mediante a reposición

Rematadas estas tarefas procederase á extensión dunha nova capa de rodadura de 5 cm de formigón bituminoso.

Así mesmo, executarase un reperfilado de bordos, por ambos os dous lados, cunha capa de zahorra artificial. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal.