Skip to main content
Vilalba

Goiriz presenta as orquestras que participarán nas súas citas festivas

Por 8 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de Goiriz prepara as súas citas festivas do ano, que se concentran principalmente entre os meses de marzo de xullo, neste último mes coa celebración das patronais.

Os organizadores quixeron dar un avance dos grupos musicais e orquestras que formarán parte do programa festivo pero non se coñece aínda cales serán as que actuarán en cada unha das citas.

Así encabezan a listaxe orquestars com París de Noia, New York ou Sintonía de Sancovade. Ademais estarán en Goiriz JB Son, Grupo Fénix, Stereo, dúo Venus, Los Adrianos, Amazonas e Marbella.

Pouco a pouco irán desgranando os distintos programas previstos, que comezarían no mes de marzo.