Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Os equipos de fútbol sala de Vilalba reciben as novas equipacións

Por 14 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Deportes, Xosé Teixeiro, entregaron as novas equipacións aos integrantes da Escola Deportiva de fútbol sala.

En total son 93 os nenos e nenas que participan no programa de actividade lúdico-deportiva Xogade esta tempada, para os que se compraron ata 118 equipacións repartidas entre as diferentes categorías.

Así, estrearán vestimenta os dous equipos prebenxamíns, os dous benxamíns, os dous conxuntos que se formaron da idade alevín, os dous infantís e o equipo cadete.

O total do custo destas novas equipacións, que substitúen ás anteriores que non se renovaban dende hai máis de 10 anos, é de 2.900 euros.

“Dende o Concello de Vilalba procuramos sempre apoiar ao noso deporte e aos nosos deportistas desde a base, tanto coa organización de competicións, coas axudas económicas directas en forma de subvencións, coa cesión das instalacións, animándoos cada fin de semana e en cuestións tan importantes, tamén, como a renovación dunhas equipacións que levaban tanto tempo de uso”, subliñou a alcaldesa de Vilalba Elba Veleiro.

Na renovación do material para os equipos de fútbol sala da vila tamén se incluíu a entrega de 30 balóns, 20 deles irán destinados ás categorías inferiores, por un importe total de case 400€.