Skip to main content
Vilalba

San Simón da Costa presenta as orquestras que participarán nas súas citas festivas

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de San Simón da Costa prepara as súas citas festivas do ano, que teñen a súa cita principal no mes de outubro coa celebración das patronais.

Os organizadores quixeron dar un avance dos grupos musicais e orquestras que formarán parte do programa festivo pero non se coñece aínda cales serán as que actuarán en cada unha das citas.

Así encabezan a listaxe orquestras como Stereo Show ou Compostela. Ademais estarán na localidade o grupo Fénix, Fuego, Merengue, Beatriz Asturias, Marbella, La Rosa e M3 Show.

Pouco a pouco irán desgranando os distintos programas previstos.