Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Vilalba acolle a representación da obra ‘Cabezas de cartel’

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Vilalba acolle o vindeiro sábado, 4 de febreiro, a peza Cabezas de cartel, a obra sinalada polos críticos como unha das grandes sorpresas desta tempada teatral.

Dende as 20:00 horas, o auditorio municipal da vila será o escenario desta representación da compañía Perigallo, que baixo a dirección de Luis Felpeto deixará momentos moi divertidos con dúas grandes interpretacións de Celia Nadal e de Javier Manzaneda.

Os dous actores escriben e protagonizan unha comedia ácida e intelixente sobre o mundo do teatro e o proceso creativo da nova montaxe dunha compañía de cómicos.