Skip to main content
Vilalba

Merca e Gaña no comercio local de Vilalba escolleu os gañadores

Por 26 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, presidiu a entrega de premios ao gañadores da Campaña de Nadal Merca e Gaña no Comercio Local de Vilalba, organizada pola Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes. Resultaron agraciadas neste concurso 18 persoas con vales de compra de distintas cantidades.

Así, o vale de 500 euros foi para Cristina Fernández Veiga. Os dous de 250 euros corresponderon a Almudena Ramudo Pérez e Amparo López Cillero. Os de 100 euros foron gañados por Mar Castro García, Lorena Rey Pena, Mª Ana Rey Pardo, Mª José López Ramudo e Iván Darío Trujillo Valencia.

Finalmente,  os vales de 50 euros corresponderon a Sandra Fente Negro, Tatiana Prado de Vicente, Carmen Eimil Fernández, Mª Teresa Rivas Ares, Inés Pérez Ramil, Cristina Leal Riveira, Adoración Santalla Rodríguez, Elena Bello García, Aintzane Martín Bello e Sonia Yañez Fraga.

Con este concurso buscouse incentivar a compra no comercio local dende o 9 de decembro ata o 5 de xaneiro.