Skip to main content
Alfoz

A nova edición da Feira do Trece de Alfoz será o 17 de xuño

Por 3 Febreiro, 2023Xuño 9th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, no Concello de Alfoz, celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño no Lugar do Trece esta tradicional feira onde nos anteriores anos os asistentes puideron adquirir produtos da zona ademais de obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú, xantar un menú típico e deleitarse cun desfile de zocas.

Durante a xornada tamén adoita haber música tradicional, mostras de adestramento canino, cea e baile… e outras actividades como concurso de gando con premios para o maior número de vacas e cabalos, para o mellor cabalo ou besta de montura, a mellor vaca e o mellor cabalo ou besta de tiro.

A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido irá adiantando o programa nas súas redes sociais.