Skip to main content
Comarca AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

O Club Clásicos Viveiro e o do Vicedo únense para poñer en marcha de novo o Campionato Km0 2023

Por 21 Febreiro, 2023Febreiro 22nd, 2023Sin comentarios

O Club Clásicos Viveiro e o Club Clásicos O Vicedo únense para poñer en marcha de novo o Campionato Km0 2023 e no que incorporan o Trofeo Talleres Tuille, un galardón que naceu co obxectivo de fomentar a participación en varias probas puntuables.

Esta probas puntuables son o II Rally Concello de Ourol do 18 de marzo,o IV Rally Club Clásicos Viveiro do 20 de maio e o II Rally Club Clásicos O Vicedo do 14 de outubro.

Os equipos que disputen os 3 rallies sumarán puntos para que ao final da tempada se poidan proclamar aos vencedores das 3 categorías nas que se divide o Campionato e que estarán reflectidas nos regulamentos de cada rally que o conforman.