Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Seguen os desfiles e festas de Entroido esta fin de semana

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

O único que se lle pode dicir a un visitante é: vai coñecelo, víveo e que non cho conten!

As festas de Entroido seguen activas durante esta fin de semana e ata o 4 de marzo, data do derradeiro desfile, o de Trabada. Dentro desta gran festividade destacan uns máis ca outros, aínda que a diversión e colorido é igual en todos os recunchos da comarca.

O Entroido de Foz contou co seu tradicional e gran desfile onde participarón milleiros de persoas, por iso é un dos que máis destaca ademais de por ser o primeiro en celebrarse.

Os desfiles son os eventos máis esperados destas datas, consultade os programas que aínda quedan por celebrar:

Durante estas últimas semanas os bailes e os desfiles seguirán presentes en varias localidades mariñás nas que os grupos e carrozas rivalizarán ao son das comparsas e charangas.

Ano tras ano amósase o arraigamento desta celebración e o empeño dos veciños, que realizan grandes esforzos para incrementar a calidade dos actos, premios e outras activades que enriquecen os eventos, e que fai que o número de visitantes e participantes aumente.

Lourenzá é coñecida polo seu Domingo de Piñata, e que se celebra o primeiro domingo despois do Martes de Entroido, é dicir, o domingo 26 de febreiro.

A festa recupera desde os anos 90 unha tradición que se remonta a principios do século XX, cando os bailes e celebracións do Martes e en especial do Domingo de Piñata fixéronse famosos en toda A Mariña. Hoxe é outra das celebracións máis esperadas polo seu impresionante desfile de carrozas. Hai comparsas, charangas e tamén, e ese é un dos seus grandes atractivos, unha xenerosa entrega de premios en diferentes categorías. Nel, a xente tómase a diversión moi en serio, así que os disfraces son sinxelamente impresionantes.

En Barreiros tamén contan cuns tradicionais personaxes, os Cabezudos e os Xigantes, que percorren as rúas animando á veciñanza. No relativo á vila de Mondoñedo, celebrará o seu desfile o sábado 25 de febreiro percorrendo a avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na praza da Catedral.

A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido o sábado 25 febreiro coa colaboración do APA do Vicedo para a festa infantil.

Xa por último, chega o de Trabada, que pecha o círculo de entroido, e está organizado pola Asociación O Picato. Este desfile no que adoitan participar centos de persoas pon punto é final a unha das festas máis senlleiras na comarca.