Skip to main content
BarreirosCultura AMARIÑAXA

Os Macanudos: “Contaremos coa axuda dos Cabezudos e Xigantes que animarán o percorrido”

Por 20 Febreiro, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

O Entroido de Barreiros está organizado polo Concello, malia que os grupos Macanudos e Habelas Hainas sempre colaboraron con el.

Canto tempo levan organizado o Entroido?

Levamos arredor duns cinco anos. E desde que se creou o grupo Habelas Hainas, somos as dúas entidades as que compartimos esta organización.

Algunha novidade?

Si. Este ano uniuse a comisión de festas de San Bartolo.

Contan xa con programa?

O desfile será o venres 24 e sairá dende o Concello para rematar no centro social. Xa pola noite, previsiblemente, haberá unha cea e un baile no pavillón.

Haberá sorteo?

Durante a cea adoita haber un sorteo de cesta de produtos típicos aportados polos comerciantes.

Cantas categorías hai?

Hai as de comparsas, grupos, parellas, infantil parella e grupo. Para participar será necesario anotarse no Concello.

Que destaca do Entroido?

O noso Entroido destaca por si un percorrido curto e ademais é pola noite. Tamén contamos con seis Cabezudos e dous Xigantes que animan a ruta, malia que faga mal tempo pois os Xigantes non poden saír.

Que son os Cabezudos e Xigantes?

Son unhas figuras que saen durante a festa e representan a un pallaso, un home e unha señora maior, un licenciado e un mariñeiro e foron creadas polos veciños do concello baixo as ordes do artista Juan Puchades.

Algunha lembranza especial?

Eu creo que para todos os veciños foi un momento moi especial o de volver ver os Xigantes e os Cabezudos polas rúas, despois de ser restaurados no 2021.