Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

Éxitos nesta fin de semana para o seteiro Santi González, de Cervo

Por 1 Febreiro, 2023Febreiro 2nd, 2023Sin comentarios

O seteiro Santi González Villares, integrante do club Iadovi de tiro con arco, participou esta pasada fin de semana nos campionatos de España 3D Indoor e de sala das modalidades de arco tradicional, nu e arco longo.

Na categoría de arco espido o arqueiro cervense rematou en primeira posición con 432 puntos (528 máximos posibles) en 48 figuras colocadas a diferentes distancias que todos eles descoñecen. Con esta puntuación, tamén batíu o seu rexistro persoal situado en 429 puntos obtidos xa fai un ano, o 28 de xaneiro de 2022, no Campionato de España de 3D indoor celebrado en Marina D’or.

O domingo celebrouse o campionato de arco, espido e arco longo, onde Santi logrou clasificarse en segunda posición. O arqueiro do Iadovi foi máis atinado estrelando a súa saeta no centro da diana o que lle daría o pase á final do Campionato, que foi ante o madrileño Antonio Huerta, e no que Santi amosou unha técnica impecable que lle facilitou conseguir o ouro cun rotundo 6-0 a puntos de set.