Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Miguel e Julia López xa son matemáticamente campións da Liga de bolos de Xove 2023

Por 19 Febreiro, 2023Febreiro 20th, 2023Sin comentarios

Por Mario Eijo.

Tarde soleada, un pouco fria, pero perfecta para xogar aos bolos na 15ª  tirada celebrada no centro social de A Vara.

Na liga sénior masculina e como estaba previsto, Miguel López renovou matemáticamente o seu título e conquistou o seu 5º campionato consecutivo, ademáis cunha incontestable autoridade. Miguel súmase, polo tanto, a súa irmá Julia que tamén xa é campiona na súa categoría. Polo tanto, noraboa a ambos irmáns.

A falla de tres tiradas para rematar o campionato e con 15 tiradas celebradas, sácalle Miguel 49 puntos ao segundo, Javier Alonso, quen vé como, semana a semana, mengua a renda que tiña e xa ten a Arturo Vigo a 5 puntos e ao seu irmán Daniel a 6. Polo tanto, e xa con poucas xornadas por disputar, Javier Alonso, Arturo Vigo e Daniel Alonso vanse disputar o 2º e 3º postos finais.

Na sénior feminina tamén están por dilucidar o segundo e terceiro posto. A veterana Salomé Bermúdez sigue recortando e con 36 puntos xa está a 2 de Belén Meitín. Belén deberá despregar o seu mellor xogo se quere manter esa segunda posición. Por detrás Carmen Roca (26 puntos) e Conchita Piñeiro (24 ptos) aínda teñen posibilidades matemáticas cara o segundo e terceiro posto, pero dadas as poucas xornadas restantes, vai ser difícil que poidan inquietar a Belén e Salomé.

Na sub 16, a victoria de Christian Cociña permítelle consolidar a 3ª posición, máximo que pode conquistar esta temporada xa que lle é imposible acceder matemáticamente ás dúas primeiras posicións. Pola súa banda, Naia Cancelos sacoulle un punto ao seus irmán e agora disfruta de 6 puntos de renda sobre Jordi. Quédanlles tres oportunidades para dilucidadar os dous primeiros postos do campionato.

Esta vindeira fin de semana non temos tiradas, xa que imos disfrutar do Entroido. Polo tanto, a vindeira tirada vaise celebrar o sábado 25 de febreiro no Centro Social de Sumoas.