Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O Pescados Rubén Burela FS premiado nos premios Serenidade 2023

Por 18 Febreiro, 2023Sin comentarios

A sala Mozart do auditorio de Galicia acolleu a Gala de entrega dos premios Serenidade 2023 de Radio Cadena Ser Galicia e que nesta edición decidíu entregar un dos galardóns ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS por, segundo o seu veredicto, “ser un referente no fútbol sala feminino ao ser nomeado mellor club de fútbol sala feminino do mundo durante dous anos, ser pentacampioas da Supercopa de España e Campioas da Futsal Women’s European Champions. Xogadoras que co seu bo facer teñen situado a Burela, na Mariña de Lugo, coma unha das capitais do fútbol sala feminino a nivel mundial.

Asistiron á gala, en representación do equipo, e recolleron o galardón o presidente do club Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego e a capitá e porteira do equipo feminino do club Joziane de Oliveira, quen ademáis pronunciou un emotivo discurso agradecendo a Radio Cadena Ser Galicia o premio, así como ao club, Pescados Rubén Burela FS, ao seu patrocinador principal, Pescados Rubén e á afección por apoialas para conseguir todos estes logros.