Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Viveiro acollerá mañá a VI Concentración de Escolas de Rugby

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro acollerá este sábado 25 a VI Concentración de Escolas de Rugby que terá lugar no campo Marcos Gómez, O Cembedo.

A Escola Asterix A Chabola organiza a sexta edición deste encontro para as categorías M6, M8, M10 e M12 que conta un ano máis coa colaboración do concello.

“Dende o goberno local sempre fomentamos o deporte, en especial o deporte entre os máis cativos. Son moitas as veces que felicitamos á Escola Asterix A Chabola polos seus éxitos nas competicións, pero estamos moi orgullosos tamén polo seu labor na promoción do deporte de base”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

A xornada desta VI Concentración de Escolas de Rugby prevé a disputa de encontros en catro zonas de xogo de forma simultánea entre as 11.00 e as 15.00 horas.

Ata Viveiro achegaranse as grandes canteiras do rugby galego representadas polo Club Rugby Fendetestas, Os Ingleses, CRAT A Coruña, Capóns Vilalba Rugby Club, Asociación Valentes, CD Zalaeta Rugby, Club Rugby Ferrol, Mareantes Rugby Club Pontevedra, Pontevedra RC, Vigo Rugby, Muralla RC Lugo e o Clube Rugby Coreti Lalín.

Pódese descargar o dossier da concentración de rugby no seguinte enlace.