Skip to main content
Alfoz

Alfoz xa conta con contedores específicos para o aceite usado

Por 26 Febreiro, 2023Febreiro 27th, 2023Sin comentarios

O Concello de Alfoz xa conta con contedores específicos para o aceite usado da cociña para contribuír a súa reciclaxe.

Así, estes colectores estarán situados no exterior do Centro de Saúde, no semáforo da Seara, no Trece fronte da Naranxa, en Vilaúde fronte do Frenazo e na escola do Chao no Pereiro.

Reciclar aceite usado é un xesto que contribúe a coidar do planeta polo que hai que esquecer as costumes de tiralo polo desaugadoiro.