Skip to main content
Alfoz

Juanjo Fraga foi presentado como candidato do PP de Alfoz para as vindeiras eleccións

Por 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

O enxeñeiro agrícola Juanjo Fraga foi presentado como o novo candidato do PP de Alfoz para recuperar a Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Fraga é coñecido pola súa faceta de empresario, propietario e administrador de varias empresas relacionadas co sector agrícola-gandeiro, das cales tres delas están afincadas en Alfoz.

O acto de presentación, que tivo lugar onte pola noite no restaurante O Frenazo, contou coa presenza do secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, a senadora Rosa Arza, alcaldes, deputados e voceiros da zona; ademais de simpatizantes e afiliados do partido que amosaron o seu apoio ao candidato.

Desde a dirección provincial retifican a decisión da xunta xestora local de apostar pola candidatura de Juanjo Fraga para conseguir o obxectivo de recuper a Alcaldía de Alfoz nas eleccións de maio. Por outra banda, os populares destacan que é un municipio no que “estivemos moito tempo gobernando, excepto nos últimos 8 anos, o que supuxo unha experiencia política nefasta con perda de poboación e servizos”.

Fraga traslada os seus agradecementos á dirección provincial pola oportunidade de ser o representante dos populares para traballar polos veciños e por Alfoz. “Quero facer unha  radiografía da situación actual do concello para tratar todos os aspectos a mellorar”, di. O candidato encabeza a lista popular “con moita ilusión e compromiso” e co obxectivo de facer un proxecto de futuro para reconducir a xestión do concello que nos últimos anos perdeu moitos servicios ante a incompetencia do goberno local.