Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A Asociación Camiña organiza unha cea baile benéfica de Entroido

Por 8 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Asociación Camiña, de Burela, organiza unha cea baile benéfico para o vindeiro luns 20 de febreiro no Hotel Nordés con motivo da festa de Entroido.

Esta cita solidaria será a partir das 22.00 horas e o prezo do menú é de 30 euros (25 cea + 5 euros para donativo). O menú estará composto por unha táboa de embutidos e queixos, croquetas caseiras, langostinos á prancha, tenreira asada, sobremesa e bebidas incluídas.

Tamén estará dispoñible a opción do menú co prato principal con peixe. Dito cambio haberá que comunicalo no momento da compra da entrada.

Ademais ofrécese menú infantil por 12 euros a menores de 12 anos que será de milanesa de polo, croquetas, calamares, patacas, xeado e bebida.

Contarán coa colaborqción de DJ Beto, que amenizará con música durante toda a velada e tamén haberá sorteos e moitas sorpresas moi interesantes.

As entradas están dispoñibles tanto en Asociación Camiña coma en Hotel Nordés.