Skip to main content
Burela

O Enterro da Sardiña en Burela será finalmente o sábado 25

Por 23 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Enterro da Sardiña en Burela será finalmente o vindeiro sábado, 25 de febreiro. A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, anima “a toda a veciñanza a acudir a esta cita e a acompañar á Sardiña”.

A edil burelesa explicou que “despois de vernos na obriga de suspender o Enterro da Sardiña na xornada de onte, mércores, por mor do mal tempo, estivemos durante esta mañá analizando a previsión meteorolóxica e vendo qué data podía ser a mellor para poñer o remate ao Entroido de Burela. E pensamos que o vindeiro sábado, 25 de febreiro, sería o mellor momento. O tempo mellora pola tarde esa xornada e entón celebraremos o noso Enterro da Sardiña co formato e o percorrido que tiñamos previsto, con saída ás oito da tarde desde O Poeta e con remate no Penoural”.