Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

AFAN Burela poñerá en marcha o programa Move a Mente, un programa de prevención do deterioro cognitivo

Por 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias, AFAN, de Burela poñerá en marcha no mes de marzo o programa Move a Mente, un programa pioneiro de prevención do deterioro cognitivo e detección precoz das demencias dirixido a persoas maiores de 55 anos.

Será totalmente gratuito para os asistentes grazas á subvención concedida para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tribuitaria do 0.7% do IRPF.

Con este programa a entidade non só pretende estimular e manter as capacidades cognitivas dos asistentes senón que realizará un cribado a través dunha valoración cognitiva inicial de cada participante, así como outra de seguemento e unha final, co fin de detectar de xeito precoz calquera indicio dunha posible demencia e poder así derivar e atender a tempo estas doenzas.  Para iso a entidade conta cun equipo multidisciplinar formado por profesionais especializados que se encargarán de levalo a cabo ao longo de todo o ano.

O programa terá lugar na sede social, cedida polo Concello de Burela,  que a asociación ten ubicada na Casa do Mar de Burela e conta con 20 prazas que poderán ser distribuidas en dous grupos  de traballo e en sesións de dúas horas semanais.

As persoas interesadas poden inscribirse previamente chamando ao teléfono 982 580 610 .