Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

A sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián colidera o Grupo Norte da 3°División Nacional

Por 3 Febreiro, 2023Febreiro 4th, 2023Sin comentarios

Despóis de 11 xornadas a sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián está a coliderar xunto co Breogán Oleiros Fisiocal, o Grupo Norte da 3°División Nacional ao que ascendeu en maio do 2022.

Os dous clubes están empatados con 9 victorias e dúas derrotas e aínda quedan sete xornadas. Esta fin de semana viaxarán a Narón para xogar “un partido difícil porque están xusto trás de os nos”.

Os dous primeiros ascenderán a segunda Nacional pero o obxetivo do club cervense será manterse nesta categoría. Ademais o xogador con mellor porcentaxe de victorias desta categoría é Eugenio Alonso do CD San Ciprián que aínda non perdeu ningún partido”, din dende o club.

A sección de tenis de mesa do CD San Ciprián comezou a participar en torneos no ano 1993, logo dun longo parón, retomaron a competición no ano 2018; chegando a acadar ese ascenso a Terceira Nacional nesta tempada.