Skip to main content
Cervo

Rematada a renovación da rede de saneamento do polígono de Cuíña e as novas beirarrúas

Por 3 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de rematar os traballos de renovación da rede de saneamento do Polígono de Cuíña e de construción de novas beirarrúas co obxectivo de  reforzar a seguridade dos peóns e a humanizar toda a esta contorna” que é de por si unha zona moi concorrida pola situación do complexo deportivo, dos centros escolares, do centro de saúde ou do Centro de Día Residencia.

O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, a concelleira de Obras e o edil de Deportes, Mali Méndez e David Rodríguez, respectivamente, achegáronse este mediodía ata a zona para supervisar o resultado desta actuación que supuxo un investimento de máis de 160.000 euros (164.175,54 euros concretamente), subvencionados ao 74% pola Xunta de Galicia ao abeiro da liña de habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia; e o restante con fondos propios.

Tal e como explicou Villares, a obra afectou á marxe dereita da vía LU-P-1510, no polígono de Cuíña, e consistiu na mellora das beirarrúas da zona principal de acceso ao parque empresarial, na zona que linda co polideportivo da Veiga, ampliando o ancho da mesma “para mellorar a accesibilidade de toda a zona”.

Tamén se executou un muro de contención para reforzar o xa existente que contén a vía de acceso e instalouse unha nova varanda de acceso ao pavillón.

Ademais renovouse a rede de saneamento existente, separando as augas fecais e pluviais, e instaláronse canalizacións soterradas para os distintos subministros do polígono, como o alumeado público.

Apuntou o rexedor que “esta obra é a continuación de todas as actuacións que vimos facendo para facilitar o acceso ao Polígono Industrial de Cuiña desde o núcleo de San Ciprián e mellorar o seu tránsito peonil, así como tamén facer máis atractivo o enclave para que entidades empresariais contemplen establecerse nel, e por suposto para as que xa están”.

Esta actuación –engadiu- tamén foi concibida para tratar de minimizar a condensación que se xera de maneira puntual, en función das condicións meteorolóxicas, na pista do polideportivo, “onde tamén realizamos unha saneamento integral da cuberta”  que consistiu na reparación das zonas deterioradas mediante cepillado manual e a aplicación, posteriormente, de pintura antioxidante”, a fin de mellorar a funcionalidade desta instalación deportiva.