Skip to main content
Cervo

Case medio cento de participantes no campionato de tute e parchís de Cervo

Por 4 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, conta cunha gran participación no xa tradicional campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata o próximo mes de marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís.

As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición.

Dende o Concello de Cervo e, especialmente, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradecen a participación de todas as mulleres que forman parte do campionato e convidan a futuras xogadoras a participar en próximas edicións”.