Skip to main content
Cervo

Entregadas 72 árbores froiteiras e autóctonas aos veciños de Cervo

Por 12 Febreiro, 2023Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, fixeron entrega das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando desde hai varios anos.

Villares apuntou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, castiñeiros, limoeiros, aguacates, pexegueiros…

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi 72 árbores solicitados pola veciñanza.