Skip to main content
Cervo

Aberto o prazo para inscribirse nos VII Cantos de Taberna da Foliada Nordestía de San Cibrao

Por 17 Febreiro, 2023Febreiro 18th, 2023Sin comentarios

Aberto o prazo para inscribirse nos VII Cantos de Taberna da Foliada Nordestía de San Cibrao e que se celebrará o sábado 1 de abril.

Para poder facelo é moi sinxelo, tan só haberá que cubrir o formulario no enlace seguinte antes do 23 de marzo. As prazas son limitadas polo que a organización di que “non hai que demorarse”.

Este ano chega a súa sétima edición e dará comezo ás 12.00 horas e cada grupo poderá aportar xunto coas voces, instrumentos musicais que os acompañen como o acordeón, guitarra, instrumentos de vento ou percusión tradicional. Ademais cada grupo estará comvidado a un máximo de 8 consumición básicas en cada local do seu itinerario e disporán tamñen de 8 invitacións para o xantar popular.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, previsiblemente contará como en anos anteriores cun xantar popular, xogos infantís e actuacións.