Skip to main content
Cervo

A campaña Separar con xeito, para reciclar a feito! chegou ata o mercado semana de San Cibrao

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

A campaña Separar con xeito, para reciclar a feito! chegou ata o mercado semana de San Cibrao que se celebra cada xoves. Ata alí desprazouse, a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez que convidou á veciñanza a facer unha parada neste punto informativo “que reforza a liña que vimos marcando desde o Concello de Cervo en materia de sensibilización ambiental que inclúe campañas como o Coida Cervo, un plan integral de reforestación con especies autóctonas en fincas municipais, a campaña de compostaxe doméstica ou a recente adquisición dun mini punto móbil que imos desprazando polas diferentes parroquias para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos á cidadanía”, entre outras iniciativas didácticas.

Esta campaña, da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e da reciclaxe.

O obxectivo é pois, – explicou Méndez- “orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado, así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes”