Skip to main content
Foz

O Colexio Martínez Otero de Foz confecionou un enorme lazo verde adicado á loita contra o cancro

Por 5 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Colexio Martínez Otero de Foz quixo sumarse á iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, e para iso confecionou no patio do colexio con todo o alumnado, un enorme lazo verde, cheo de vida e adicado a todas aquelas persoas que están  a loitar contra esta enfermidade e aos seus familiares.

Esta entidade solicitaba a colaboración dos centros educativos para visibilizar, tamén entre o alumnado, a importancia da loita contra esta enfermidade que celebra no día 4 de febrero. O  obxectivo é incrementar a concienciación sobre a prevención, a detección precoz e a necesidade de aumentar as partidas orzamentarias destinadas á  investigación oncolóxica.