Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

A ANPA do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, prepara unha festa de Entroido

Por 5 Febreiro, 2023Sin comentarios

A ANPA do CEIP Juan Rey en colaboración co Concello de Lourenzá preparan unha festa de Entroido para o vindeiro luns 20 e que contará cun sorteo especial.

Esta cita cultural será no recinto feiral a partir das 16.30 horas e comezará cunha regueifeira que dará paso ás 17.30 horas á merenda e ás 18.00 horas ao baile que estará amenizado con puzzle Animación.

Xa ás 19.00 horas será o esperado desfile no que haberá premios ao mellor disfraz individual, parella e grupos. Xa ás 20.00 horas farase o sorteo e repartiranse os premios.

Para calquer consulta ou dúbida haberá que chamar a Raquel ao 649 079 830 ou a Reyes ao 686 076 412 ou no correo da ANPA anpajuanrey@gmail.com, así como en calquera das súas redes sociais.