Skip to main content
Lourenzá

Un veciño da parroquia de Santo Tomé, en Lourenzá, celebrou o seu centenario

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

Un veciño da parroquia de Santo Tomé, José María Marful Gayoso, celebrou o seu centenario nun evento con familiares e amigos. Acompañouno a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García.

A rexedora municipal destaca que “é un veciño moi activo, que goza de moi boa saúde e dunha memoria envexable. Participou sempre de xeito moi activo na asociación de veciños de Santo Tomé e aínda agora moitas veces nos aconsella e colabora para que se desenvolvan proxectos na súa parroquia. É unha persoa con sabedoría e experiencia, polo que dá gusto compartir conversas con el pois sempre se aprende algo”.