Skip to main content
Lourenzá

O CEIP Juan Rey de Lourenzá gaña o certame Concurso-Exposición Letras Galegas 2023

Por 20 Febreiro, 2023Febreiro 21st, 2023Sin comentarios

Logo de finalizar o prazo de presentación de orixinais e de se reunir a Comisión de Selección, publícase a resolución cos gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2023.

A exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de educación infantil e primaria, é Desde a fiestra de don Paco, do CEIP Juan Rey, de Lourenzá .

Na categoría B, destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, a exposición premiada é Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego, do IES Castelao, de Vigo.

Cada exposición vai acompañada da correspondente guía didáctica, que permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas.

O centro educativo gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha dos traballos seleccionados obterá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guía didáctica será impresa e distribuída en centros de ensino de Galicia e do exterior, bibliotecas e outros; e tamén estará dispoñible no Portal da lingua galega para a súa descarga libre e gratuíta, canda outros materiais elaborados pola SXPL e polos equipos de dinamización da lingua galega.