Skip to main content
Mondoñedo

Os socialistas de Mondoñedo urxe ao PP a rematar as obras da praza da Catedral

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González urxiu ao PP rematar coas obras da praza da Catedral de Mondoñedo. “É inconcibible que en pleno s.XXI o goberno do PP non sexa capaz de rematar unhas obras de acceso na praza máis importante da cidade, e que levan paralizadas fai máis dun ano. Alguén ten que poñerlle un pouco de sentido e de cabeza a toda esta desfeita”.

Esperanza Gonzalez demandou a través dun rogo, na pasada sesión plenaria, rematar estas obras ou atoparlles unha solución, dialogando con tódalas partes implicadas e afectadas. Nesa liña lembrou que o Grupo Socialista de Mondoñedo interpelou ao Goberno Municipal en diversas ocasións sobre o proceso en que se atopa o proxecto e as obras da praza da Catedral.

Así as cousas, o Concello de Mondoñedo xa informou no seu día que renunciou a subvención concedida polo Ministerio de Fomento relativas ao 1,5% cultural, e que supoñían unha achega económica para as arcas municipais de arredor de 180.000 euros. Unha obra que comezou en decembro do 2021, e nas que se inclúen 6 modificacións de proxecto, e a día de hoxe seguen se rematar. Ademais o Goberno do PP avanzou que agora esta obra vai ter un sobrecuste importante, pola suba dos materiais.

“A única realidade é que a obra segue sen rematar e polo que comprobamos sen visos de solucións a curto prazo. Parece que ninguén no PP ten gañas nin proxecto para rematala, solo boas palabras. Este recuncho da praza da Concello xa parece un galiñeiro, tal e como denuncia a propia veciñanza de Mondoñedo, que insistentemente denuncian que este espazo presenta un estado de abandono”, lamentou a voceira socialista.

Nesta mesma sesión plenaria tamén demandamos o arranxo dos baches da Avenida Buenos Aires, “que se fixeron este luns”.  E tamén emprazamos ao Concello para instar á Xunta, que é a propietaria dun inmoble no Barrio dos Muíños (nº26), “que a día de hoxe segue sen adxudicarse un dos pisos existentes, xa que o precio para acceder a este alugueiro é moi elevado e os adxudicatarios teñen que renunciar a el. Dende que remataron as obras deste edificio a finais do 2020, un dos pisos segue sen ocuparse”, lembran os socialistas.

A Agrupación Socialista de Mondoñedo tamén propuxo ao concello de Mondoñedo, en colaboración co de Lourenzá, organizar unha xornada ou acto conxunto para resaltar a vinculación do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego con Cunqueiro e Mondoñedo.

Dimisión de Elena Candia

Por último, na Comisión de Asuntos do Pleno, o Grupo Socialista preguntou pola dimisión da concelleira Elena Candia, xa que anunciará aos medios de comunicación que ía presentar a súa renuncia como concelleira no mes de xaneiro. Nesta reunión os servicios xurídicos do concello informáronnos que non se rexistrou ningunha dimisión no Concello.

Dende finais de xullo do 2022, data na que autoproclamou candidata á Alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia segue tendo acta de concelleira en Mondoñedo e leva faltado a máis de 20 reunións oficiais, nas que inclúen plenos, xuntas de goberno e comisión informativas relacionadas co funcionamento ordinario do Concello. “Por iso preguntámonos, de toda a candidatura que presentou o PP de Mondoñedo nas pasadas eleccións municipais, xa marcharon todos para Lugo?, non queda ninguén na lista que sexa capaz de cumprir coas súas obrigas e responsabilidades como representante da corporación?”.