Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Mondoñedo acollerá un concerto homenaxe ás aviadoras españolas da aviación arxentina

Por 22 Febreiro, 2023Sin comentarios

O pianista afincado en Mondoñedo, Juan Rezzuto e o concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron o concerto homenaxe ás aviadoras españolas da aviación arxentina, enmarcada na súa xira por España. Será o 10 de marzo no auditorio mindoniense.

O Ensamble de Música de Cámara de la Fuerza Aérea Argentina ten como misión divulgar a historia da aviación a través da música. Gracias ao pianista afincado en Mondoñedo. Juan Rezzuto, quen tamén participará no concerto, puido ser posible establecer esta conexión, na que

No mes de marzo conmemórase o día internacional de la mujer, polo que ten máis sentido este concerto, “a través da música que foron capaces de inspirar, as mulleres españolas e arxentinas que construíron a historia da aviación en cada un dos seus países”. “La Unión Argentina de Compositoras de Música e o Foro Argentino de Compositoras son as creadoras desta narración que esperamos, nos leve a voar nun fermoso ceo”.