Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo denuncia de novo a falta de traballo do Goberno do BNG na conservación das instalacións deportivas

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

O PP de Ribadeo denuncia a falta de traballo e de compromiso por parte do goberno do BNG na conservación das instalacións deportivas. O coordinador de deportes do grupo municipal popular, Tito Suárez explica: “hai uns días quedamos sorprendidos polo estado de abandono do polideportivo municipal da rúa Alfredo Deaño, e hoxe podemos ver a promesa incumprida deste goberno do BNG de arranxar o campo de Outeiro na Devesa”.

Suárez engade: “ Vergoña é a que tiñan que sentir este goberno do BNG ao ver este sen sentido no que se atopa as obras do campo e todo por no ter unha seriedade e compromiso coas entidades deportivas. Da a sensación que o fan a mala fe, prometen unha obra e agora non a van a face, o que demostra unha enquina co FC Ribadeo”. Neste sentido, o coordinador resalta que en plena tempada de competición o equipo necesita dun campo en condicións para poder mellorar as súas aptitudes físicas e técnicas. “Saben que en plena competición necesitan destas instalacións e non fan nada por solucionalo”, di.

Desde o grupo municipal leva reclamándose desde fai moito tempo que se solucione este problema que afecta o FC Ribadeo. Suárez explica que as contestacións por parte do goberno do BNG sempre foron as mesmas “burlas e asegurando que todo estaba ben, menosprezarnos e coaccionar a outras administracións, pero o noso grupo municipal seguirá traballando para o deporte da nosa vila, o cal amosamos cedendo as instalacións da Devesa con vestiario, campo de adestramento e ximnasio. Seguiremos traballando por todas as entidades deportivas”, remata o coordinador.